MODA

Alalá Couture é unha liña de moda que combina o luxo e a alta costura coa artesanía local e o traxe patrimonial galego. Creada en 2011, Alalá Couture foi a primeira firma galega especializada no deseño e confección de vestidos xoia de alta costura, no prêt-à-porter de luxo e na reprodución do traxe patrimonial de Galicia. A firma conxuga a formación en deseño, patronaxe e confección xunto coa costura aprendida das nais e avoas dos dous creadores.

Un ALALÁ é unha peza cosida sen présas (de catro a vinte semanas) e enriquecida cos máis fermosos adobíos. ALALÁ é unha actitude, un xeito singular de sentir a cultura do vestir. Sobre todos e cada uns dos traxes xoia flota unha intensa sensación de luxo, calma e voluptuosidade, froito do virtuosismo e mestría cos que se aborda cada novo proxecto. Na liña xoia abondan as referencias ás aristócratas galegas, á epicúrea feminidade das pinturas fauvistas ou á simboloxía e forza da cor do mestre Seoane.

A singularidade de Álex Regueiro reside, probablemente, en imaxinar e facer realidade pezas

irrepetibles que poñan de manifesto a esencia da muller ou do home que as lucirá, conxugando deseño atemporal coa máis refinada costura artesá.